FUNDAMAR pon en marcha o proxecto O Mar no Camiño, co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

Durante a primeira edición do proxecto 2019-2020, máis de 300 nenos e nenas puideron disfrutar un dos dez obradoiros realizados nos diferentes centros de Educación Primaria das localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago Portugués.

O obxectivo principal foi familiarizar aos nenos e nenas coa importancia e valores do Camiño de Santiago e co patrimonio cultural marítimo-pesqueiro galego a través das súas personaxes: Migueliña, a vieira, Laura, a xarda, Antón, o cangrexo e Roberto, o polbo.

As actividades, que tiveron como resultado una obra colaborativa que forma parte da exposición virtual, foron dirixidas coa colaboración de MIMADRIÑA, educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami, e tiveron carácter pedagóxico, artístico e inclusivo, utilizando papel elaborado pola Asociación de Familias de Persoas con Parálises Cerebral de Vigo (APAMP).

Aprende e ensina creando

Descubre e descarga todos os materiais do proxecto para poder replicar O MAR NO CAMIÑO onde ti queiras, e transmitir os valores e tradicións do Camiño de Santiago e do sector marítimo-pesqueiro.

Coñece ás personaxes

Migueliña, a vieira, Laura, a xarda, Antón, a nécora, e Roberto, o polbo, son as personaxes da historia, queres coñecelos?

Exposición

Non te perdas os resultados das obras colaborativas que podes ver na nosa exposición

colaboradores